Home ALUMNOS “Crear, Editar, Distribuir, Vender, Ler …. en galego”: coloquio no Día das...

0 76

O colexio Montecastelo organizóu unha charla-coloquio sobre o entorno creativo do libro, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o mércores 17 de maio. Coordenada polo profesor de língua galega do centro, Patricio Fernández, os encargados das exposicións foron o director xeral da editorial Xeráis de Galicia, Manuel Bragado; a periodista e escritora en língua galega, Elena Gallego; e o libreiro Xurxo Patiño, xerente da libraría Librouro.

Destinada a alumnos de 3º e 4º da ESO e 1º de BAC, os convidados desengranaron as claves do proceso da elaboración dun libro, baixo o lema “Crear, Editar, Distribuir, Vender, Ler … en galego”, completando o círculo entre a escritora, o editor e o vendedor. O marxe do proceso, Bragado, Gallego e Patiño tamén falaron, seguindo a pauta do coloquio, dos postos de traballo e estudos necesarios no eido editorial, a influencia da tecnoloxía có libro electrónico e a piratería, así como o futuro da literatura galega.

A escritora Elena Gallego falou tamén do seu serial na saga Dragal, así como da súa próxima obra, que verá a luz en breve, cambiando o estilo seguido ata o de momento, garantindo a sorpresa. Como datos de interese, Bragado desvelou que cada día reciben na súa ediorial uns dous manuscritos; que as publicacións galegas son un referente na literatura nacional, e que a publicación máis vendida é o diccionario galego-castelán, do que levan máis de 400.000 copias, así como o autor máis lido, Agustín Fernández Paz. Patiño pola súa banda, explicóu a complexidade de xestionar unha libraría como Librouro, cun fondo de algo máis de 100.000 títulos, así como a súa capacidade de selección para atender ó publico obxectivo.

Tras as súas intervencións, os tres poñentes firmaron no Libro de Honra de Montecastelo.

NO HAY COMENTARIOS